miércoles, 4 de mayo de 2011

Falando da Sorte...




 Chámaselle sorte a creencia nunha organizacion de sucesos afortunados y desafortunados.É unha forma de superstición interpretada de forma diferente por diferentes individuos. 


A SORTE COMO FALACIA
 O racionalista sente que a creencia na sorte é o resultado de un razonamento pobre ou pensamento ilusorio. Para un racionalista , quen cree na sorte comete unha falacia lógica.

A SORTE COMO ESENCIA

Hai tamén unha serie de crenzas espirituais ou sobrenaturais sobre a
sorte, variando amplamente dunhas a outras, aínda que a maioría
coinciden en que pode influirse na sorte con medios espirituais
realizando certos rituais ou evitando certas situacións.


Unha destas actividades é a oración, unha práctica relixiosa na que esta
crenza é especialmente forte. Moitas culturas e relixións de todo o mundo poñen unha especial énfase na habilidade das persoas para influír sobre a súa sorte por medios rituais, ás veces incluíndo sacrificios, presaxios ou feitizos.
Outros asocian a sorte cun forte sentido de superstición, é dicir, unha crenza de que certos actos tabú ou benditos influencían a forma en que a sorte os favorecerá no futuro.

A SORTE COMO PLACEBO
Algúns fomentan a crenza na sorte como unha falsa idea, pero que poden
derivar en pensamento positivo e alterar as respostas dun a mellor.
Outros, como Jean Paul Sartre e Sigmund Freud, cren que a crenza na sorte ten máis relación cun locus de control para os sucesos da propia vida e a subseguinte fuxida de responsabilidade persoal.
Segundo esta teoría, quen atribúe as súas penalidades á «mala sorte» acharán tras un exame máis atento que levan un estilo de vida arriscado.
Por outra parte, a xente que se considera «afortunada» ao ter boa saúde poden estar en realidade obtendo os beneficios dunha actitude positiva e unhas relacións sociais satisfactorias, o que estatisticamente se sabe que protexe contra as enfermidades relacionadas co estrés.
Se acontecen sucesos «bos» e «malos» aleatoriamente a todo o mundo, os crentes na boa sorte experimentarán unha ganancia neta da súa fortuna, e viceversa para os crentes na mala sorte.